Thursday 09 de May de 2024

Finalizan os cursos infantís de cociña organizados polo Concello de Ordes


As clases de cociña que o Concello de Ordes imparte para os pequenos e pequenas do municipio van chegando á súa fin. Ao longo destes últimos meses aprenderon a realizar moitas receitas, a cada cal máis deliciosa e divertida. Foron moitas horas de diversión con compañeiros e compañeiras que sempre remataron do mesmo xeito, chupando os dedos. As ditas clases, que contaron cun gran número de asistentes, o que obrigou a organizar máis grupos dos previstos nun primeiro momento, impartíronse nas instalacións situadas no primeiro andar da Praza de Abastos.